Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a baixa da Asociación Danza Escénica Galega (Danesga) nesta oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, por disolución da asociación.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, procedeuse á baixa da Asociación Danza Escénica Galega (Danesga), aprobada na asemblea xeral extraordinaria do 1 de setembro de 2015 en Santiago de Compostela, por disolución da asociación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: profesionais da danza escénica que desenvolvan a súa actividade profesional en Galicia.

– Asinan a certificación da acta: Ruth Balbís Calviño e Begoña Cuquejo Súarez.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego