Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2016/78-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT nova saída subestación Sanxenxo enlace coa VLG807.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 1.661 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña da subestación Sanxenxo e final no paso aerosubterráneo na torre metálica (9RXARSP8/11) existente na VLG807. A instalación está situada en Sanxenxo, na parroquia de Nantes, ao longo das vías do polígono industrial.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra