Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2016/036-1).

Expediente: IN407A 2016/036-1.

Solicitante: Endesa Distribución Eléctrica, S.L.

Denominación: reforma centro de transformación 20/0,4 kV 1.000 kVA Geotecnia.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

– Substitución da aparellaxe de alta tensión existente por dúas celas modulares de entrada de liña e de proteción do transformador.

– Instalación dun novo cadro de baixa tensión, de catro saídas, e a súa conexión co transformador existente.

– Instalación dun novo cadro de medida.

– Adecuación interior do edificio.

– Alimentación do centro de transformación a partir da rede de distribución, mediante a construción dunha liña subterránea (15 metros 20 kV RHZ1-OL 12/20 kV 3×(1×95) mm2) e conexión desta mediante un paso aerosubterráneo coa liña existente denominada LMT Talleres, de 20 kV, propiedade de Endesa Distribución.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 22 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña