Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21138

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (796/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 796/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Sar Marcote contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. sobre ordinario, se ditou decreto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo:

Considerar que Felipe Sar Marcote desiste da súa demanda. Unha vez que sexa firme esta resolución, arquivaranse os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación no procedemento correspondente.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza