Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 138/2016, interposto por María del Pilar Carpente Leira.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 138/2016, interposto por María del Pilar Carpente Leira, contra o Acordo da Comisión Permanente Central do 20 de xaneiro de 2016, polo que se desestimou a súa reclamación en relación coa selección de persoal interino para o Programa de activación para o emprego que tivo lugar o día 1 de decembro de 2015.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública