Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de xestión (recollida, transporte e valorización) de residuos de plásticos agrícolas xerados na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Enderezo: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27417

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 16/2016 CA.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de xestión (recollida, transporte e valorización) de residuos de plásticos agrícolas xerados na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Lugar de execución: anexo I do prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 8.1 do seu cadro de características.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90514000-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 288.420,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 125.400,00 euros. Importe total: 137.940,00 euros.

Esta contratación finánciase polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A actuación encádrase no obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.1, obxectivo específico 6.1.1.

6. Garantías exixidas.

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE): 6.270,00 euros.

7. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 5 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 4 de xullo de 2016, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Enderezo: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: rúa San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora de apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 25 de maio de 2016.

13. Outras informacións.

Modificacións previstas: segundo o especificado no punto 15 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaría xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio