Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (581/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 581/2013 por instancia de Jesús María Andrea Lorenzo contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 2.5.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución, estímase parcialmente a demanda formulada por Jesús María Andrea Lorenzo fronte á empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia, condénase a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de mil catrocentos dous euros con cincuenta céntimos de euro (1.402,50 euros), devindicando as devanditas cantidades o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Industrias Gelucho Romar, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 9 de maio de 2016

O secretario xudicial