Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1187/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1187/2013 por instancia de Jesús Manuel Amarella Taibo contra a empresa E.S.A. Betanzos Ferrolterra, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 2.5.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda interposta por Jesús Manuel Amarelle Taibo fronte á empresa E.S.A. Betanzos Ferrolterra, S.L., con intervención do Fogasa, e en consecuencia, condénase a empresa E.S.A. Betanzos Ferrolterra, S.L. a aboar a Jesús Manuel Amarelle Taibo a cantidade de dous mil douscentos corenta e dous euros con cincuenta e cinco céntimos de euro (2.242,55 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa E.S.A. Betanzos Ferrolterra, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 9 de maio de 2016

A secretaria xudicial