Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20990

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

EDICTO do ditame da Comisión Especial de Contas da conta xeral de 2015.

Formulada e rendida a conta xeral do orzamento da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés correspondente ao exercicio de 2015, integrada polas contas e estados a que fai referencia o artigo 209 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e recibido informe favorable da Comisión Especial de Contas en sesión do 6 de maio de 2016, exponse ao público cos documentos que a xustifican, na secretaría desta mancomunidade, polo prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados lexítimos poidan examinala e formular por escrito os reparos e as observacións que se consideren oportunos durante o dito prazo de exposición e os oito días seguintes. Todo iso de conformidade co disposto no artigo 212 do citado texto legal e demais disposicións concordantes.

O Pino, 9 de maio de 2016

Manuel Taboada Vigo
Presidente