Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20991

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento.

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación do servizo de intervención en emerxencias, mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo de intervención en emerxencias do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento, mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación, cun tipo de licitación de 21.225.956,48 € (IVE incluído). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 22 de xuño de 2016, no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento, situado na oficina do Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense (rúa do Progreso nº 32, Pazo Provincial, planta baixa, 32003 Ourense) ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na alínea b) da cláusula décimo sexta do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es, e poderán solicitar información adicional dirixíndose á Xerencia do Consorcio, mediante correo electrónico dirixido ao enderezo de correo electrónico consorcio.emerxenciasourense@hotmail.com. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 76 23 ante o servizo de secretaría.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que consideren procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a licitación serán susceptibles de recurso especial en materia de contratación, ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, no prazo de quince días hábiles, e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 13 de maio de 2016

Pablo Pérez Pérez
Presidente do Consorcio Provincial de Ourense para o
Servizo Contra Incendios e de Salvamento