Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2016/375-1).

Expediente: IN407A 2016/375-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación: LMT soterrada DC a CS Marís e CS Marís.

Concello: Frades.

Características técnicas:

– LMTS a 20 KV de 2×18 m e condutor tipo RHZ1-20L3×1×240 Al mm2 de enlace entre o punto de entroncamento, sendo este no apoio nº 50 da liña tramitada no proxecto reforma LMT Visantoña-Frades (tramo IV), co CS proxectado, transcorrendo por novas canalizacións.

– CS con cela de remonte e de liña motorizada E-S, situado nunha antiga envolvente de obra civil dun CT e CS en desuso.

– RBTS de 14 m e condutor tipo RV 0,6/1 kV 2x25 mm2, con orixe no apoio máis preto ao CS proxectado da RBT que pasa por diante do remate no CS proxectado.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 27 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña