Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a baixa por transformación por modificación do réxime xurídico da Asociación Gallega de Sumilleres (Agasu).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositou a baixa por transformación por modificación do réxime xurídico da Asociación Gallega de Sumilleres (Agasu), mediante a Resolución do 1 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sobre a inscrición de transformación por modificación do réxime xurídico da Asociación Gallega de Sumilleres (Agasu).

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego