Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2016/22-2, 8331 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Avícola das Mámoas, S.C.

Domicilio social: Barreiras-O Saviñao.

Denominación: liña de media tensión aérea, centro de transformación e rede de baixa tensión para granxa avícola.

Situación: concello do Saviñao.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, con orixe nun apoio existente da LMT MOF 802 e final no centro de transformación intemperie proxectado, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo LA-56.

2. Centro de transformación intemperie granxa avícola, cunha potencia proxectada de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión subterránea con orixe no centro de transformación proxectado e final na CPM, cunha lonxitude de 10 metros en condutor XZ1-50.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 3 de maio de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo