Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2016/36-2, 8345 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: actuacións complementarias LMT camiño Guntín-Reboredo.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

1. Paso aéreo a subterráneo situado sobre celosía metálica nº 4 B tipo C-12/4500 en liña de simple circuito procedente da subestación de Monforte que pasa a denominarse nova MOF812 (liña cero).

2. Paso aéreo a subterráneo situado sobre celosía metálica nº 11 B tipo C-14/4500 en liña de simple circuito MOF805.

3. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe nun paso aéreo a subterráneo sobre apoio tubular metálico proxectado tipo CH-15/1000 e final no apoio de formigón existente nº 7-1, cunha lonxitude de 69 metros en condutor LA-56.

4. Liña de media tensión subterránea nova MOF812-tramo subestación Monforte: LMT subterránea a 20 kV con orixe nunha cela de liña situada no interior da subestación de Monforte e final nun paso aéreo a subterráneo situado sobre un apoio metálico existente no interior da subestación de Monforte, cunha lonxitude de 87 metros en condutor RHZ1-240.

5. Liña de media tensión subterránea nova MOF812-tramo sector mantemento UFD: LMT súbterránea a 20 kV con orixe nun paso aéreo a subterráneo situado sobre pórtico metálico existente no interior do sector mantemento Monforte e final nun paso aéreo a subterráneo proxectado ubicado sobre un apoio de formigón existente no interior do sector mantemento Monforte, cunha lonxitude de 55 metros en condutor RHZ1-240.

6. Liña de media tensión subterránea nova MOF812-tramo entre apoios nº 4 B e nº 10 B: LMT subterránea a 20 kV con orixe nun paso aéreo a subterráneo proxectado sobre celosía metálica nº 4 B e final nun paso aéreo a subterráneo proxectado sobre celosía metálica nº 10 B, cunha lonxitude de 539 metros en condutor RHZ1-240.

7. Adecuación do centro de transformación de distribución en edificio prefabricado existente camiño de Guntín (27CH67) cunha potencia de 250 kV.

8. Adecuación do centro de transformación de distribución en edificio non prefabricado existente estrada Reboredo (27CM04) cunha potencia de 250 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 10 de maio de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo