Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 19 de maio de 2016 pola que se notifica o acordo de inicio de expediente de caducidade de concesión administrativa no porto de Tragove (Cambados).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á mercantil Alimentación Projoscar, S.L., con último domicilio coñecido no Porto de Tragove, s/n, de Cambados, provincia de Pontevedra, o Acordo do 14 de abril de 2016, que inicia expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada á mercantil que se cita, con destino á construción dunha planta de engorda de rodaballo no porto de Tragove (Cambados), por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítise, unha vez que por Resolución do 13 de abril de 2016 o presidente de Portos de Galicia autoriza a incoación do expediente e nomea instrutor do mesmo ao xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, por ausencia de actividade e falta de aboamento de taxas, o que determina a concorrencia das causas imperativas de caducidade previstas na condición xeral 32ª, alíneas a) e b), do título.

O réxime de recusación do instrutor é o consignado no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións, e presentar os documentos e xustificacións que se consideren pertinentes, nun prazo máximo de 15 días contados desde a publicación.

O aboamento das cantidades debidas antes de ditar resolución implicará o arquivamento do expediente, no que atinxe a esa causa concreta de caducidade.

O órgano competente para a resolución do presente expediente é o presidente do ente público Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas pola Orde da Consellería do Mar do 25 de novembro de 2009, de delegación de competencias, entre outros, no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 235, do 1 de decembro).

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor