Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, unicriterio e trámitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obras de conservación en fachadas e carpintarías e reparacións eléctricas das vivendas do poboado mineiro de Fontao, Vila de Cruces (Pontevedra) (expediente PO-2015/REP 02).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de conservación en fachadas e carpintarías e reparacións eléctricas das vivendas do poboado mineiro de Fontao, Vila de Cruces. Pontevedra.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: unicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: douscentos cinco mil oitenta e dous euros con vinte e nove céntimos (205.082,29 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): corenta e tres mil sesenta e sete euros con vinte e oito céntimos (43.067,28 €).

c) Importe total: douscentos corenta e oito mil cento corenta e nove euros con cincuenta e sete céntimos (248.149,57 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Obtención de documentación.

O PCAP e o prego de prescricións técnicas polos que se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación, na sede dos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=26685 . Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350 .

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (proposición económica e criterios avaliables de forma automática) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación á súa realización no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo