Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20782

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1615/2013).

No procedemento de referencia ditouse a Sentenza do 13.11.2014, cuxo encabezamento e decisión literalmente copiados din:

«Sentenza número 1311/2014.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 13 de novembro de 2014.

Vistos os presentes autos número 1615/2013, sobre petición de alimentos, garda e custodia, promovidos pola procuradora, Sra. Paz Feijoo, en nome e representación de María Esther García Pérez, dirixida pola letrada Sra. Valeiras fronte a Luis López Suárez, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolvo:

Acordo as seguintes medidas reguladoras da garda e custodia da menor Laura López García, así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúeselle a garda e custodia da menor á nai Esther.

2. Atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade á nai Esther.

3. Suspéndese o réxime de visitas.

4. En concepto de alimentos a favor dos fillos comúns establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe o actor, a suma de 100 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa no 1 de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios, diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios; será necesario o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días desde a súa notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal.

Lévese orixinal ao libro de sentenza e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría, dou fe».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Luis López Suárez, expídese este edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Ourense, 4 de maio de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza