Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20780

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (307/2015-CH).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no presente procedemento de garda e alimentos nº 307/2015-CH seguido por instancia de Anabela Fernández Teixeira contra Gelu Romeo Ciubar foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido.

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladoras da garda e custodia do menor Florian Daniel Ciubar Fernández, así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúese a garda e custodia do menor á nai, Anabela.

2. Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai, Anabela.

3. Suspéndese o réxime de visitas.

4. En concepto de alimentos a favor do fillo común establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe o demandante, a suma de 150 euros que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa no un de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, sendo necesario o previo consentimento para estes últimos e non para os primeiros. Entenderase prestada a súa conformidade se, requirido un proxenitor polo outro, de forma fidedigna, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixar transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer manifestación ningunha. No requirimento que se realice o proxenitor que pretenda facer o gasto, deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo, e achegar orzamento en que figure o nome do profesional que o expida.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que, contra a presente resolución, cabe interpor, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño suficiente nos autos.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, Gelu Romeo Ciubar, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 2 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza