Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 12 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se notifica o acordo de procedencia de reintegro de axudas do programa de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, regulada na Orde do 18 de marzo de 2011, relativa ao expediente TR340E 2011/32 e un máis.

Con data do 9 de febreiro de 2016, a Secretaría Xeral de Traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria ditou resolución pola que se acorda a procedencia de reintegro de axudas concedidas a Biba Diferente, S.L., con números de expedientes TR340E 2011/32 e TR340E 2011/35.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícase á persoa interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle á persoa interesada un prazo de dez días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente ante esta secretaría xeral.

Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta secretaría xeral, sitas na rúa de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Nº de expedientes: TR340E 2011/32 e TR340E 2011/35.

Beneficiaria: Biba Diferente, S.L.

NIF: B70299516.

Último enderezo coñecido: r/ Federico Tapia, 41-5º esquerda,15005 (A Coruña).

Procedemento: axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT): axudas para a creación de emprego estable (TR340E/32) e axudas para o inicio e posta en marcha da actividade.

Datas das resolucións de concesión: 14.10.2011.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal as persoas traballadoras contratadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: número 2 do artigo 20 da Orde do 18 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG nº 63, do 30 de marzo).

Contía da subvención percibida para inicio e posta en marcha da actividade: 5.754,99 euros.

Contía da subvención percibida para creación directa de emprego estable: 12.000 euros.

Contido da resolución: acordo de inicio de procedemento de reintegro da axuda.