Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia (expediente ESI 2016/1).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se poidan practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Sección Xestión), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 19 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

José Ramón Sande Paris

ESI 2016/1

Acordo de inicio

A Coruña