De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), logo dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 20 de maio de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Interesado |
CIF/NIF |
Núm. de expediente |
Acto que se notifica |
Alberto Pacín Vázquez |
76557346Y |
IN635C 2015/104-2 |
Resolución |