Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2016 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG100.2010.1.128 e sete máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente resolución notifícase aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Advírtese aos interesados de que, contra as resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG100.2010.1.128

Abelas Alexan, S.L.

Axudas a proxectos cun investimento subvencionable superior a 500.000 €, cofinanciadas polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Resolución do 22 de xullo de 2010, DOG núm. 155, do 13 de agosto)

8.3.2016

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG107.2015.1.47

Cal Lusquiños, Yulema

Axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Galicia Emprende) (Resolución do 19 de decembro de 2014, DOG núm. 248, do 29 de decembro)

22.12.2015

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG114.2014.1.48

Asociación de Executivas de Galicia

Axudas a proxectos de iniciativas abertas de difusión, cofinanciados polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (Resolución do 26 de novembro de 2013, DOG núm. 230, do 2 de decembro)

17.3.2016

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG139.2007.1.9

Ameneiros Paleo, Verónica

Axudas para o apoio financeiro aos establecementos turísticos, hostalaría e comercio polo miúdo nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (Resolución do 1 de outubro de 2007, DOG núm. 194, do 5 de outubro)

13.4.2016

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG179.2015.1.106

Grupo Trolley, S.L.

Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes (Re-Solve 2015) (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG núm. 114, do 18 de xuño)

17.12.2015

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG179.2015.1.146

Fernández Sousa, Francisco

Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes (Re-Solve 2015) (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG núm. 114, do 18 de xuño)

17.12.2015

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG179.2015.1.147

Suárez Martínez, Juan Carlos

Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes (Re-Solve 2015) (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG núm. 114, do 18 de xuño)

17.12.2015

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG205.2014.1.109

Ferro Terra, S.L.

Préstamos Jeremie-Igape (Resolución do 3 de xuño de 2014, DOG núm. 108, do 9 de xuño, Resolución do 27 de abril de 2015, DOG núm. 82, do 4 de maio, e Resolución do 10 de setembro de 2015, DOG núm. 178, do 17 de setembro)

8.2.2016

Director da Área de Financiamento

Resolución de arquivamento