Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación de servizos para captación de investimentos estranxeiros para Galicia (expediente PA 1/15).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, publícase a formalización do seguinte contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 1/15.

d) Enderezo do perfil do contratante: www.igape.es/contratacions.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizos para captación de investimentos estranxeiros para Galicia.

c) Lote:.

Lote 1: industriais e manufactureiros: automoción e equipamento, maquinaria e equipamento outra industria auxiliar, naval e aeronáutica.

Lote 2: saúde e asistencia social, biotecnoloxía e información e coñecemento (TIC)/audiovisual.

Lote 3: agroalimentario e primeira transformación, madeira, moble e outras transformacións da madeira, transporte e loxística.

d) CPV (referencia de nomenclatura) 79411000-8.

e) Acordo marco.

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede).

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE, DOUE.

h) Data de publicación: DOG 7.5.2015; BOE 14.5.2015; DOUE 9.5.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 750.000 € máis IVE para a vixencia inicial e 750.000 € máis IVE para unha posible prórroga de 12 meses máis.

5. Orzamento base de licitación: 750.000 € máis IVE.

6. Formalización do contrato:

Lote 1. Industriais e manufactureiros: automoción e equipamento, maquinaria e equipamento outra industria auxiliar, naval e aeronáutica.

a) Data de adxudicación: 16.9.2015.

b) Data de formalización: 5.11.2015.

c) Contratista: KPMG Asesores, S.L.

d) Importe de adxudicación: 264.000 € IVE incluído (importe da parte fixa: 110.000 € máis IVE e importe da parte variable: 90.000 € máis IVE).

Lote 2. Saúde e asistencia social, biotecnoloxía e información e coñecemento (TIC)/audiovisual.

a) Data de adxudicación: 16.9.2015.

b) Data de formalización: 4.11.2015.

c) Contratista: Pricewaterhousecoopers Asesores de Negocios, S.L.

d) Importe de adxudicación: 200.000 € IVE incluído importe da parte fixa: 126.900 € máis IVE e importe da parte variable: 90.000 € máis IVE.

Lote 3. Agroalimentario e primeira transformación, madeira, moble e outras transformacións da madeira, transporte e loxística.

a) Data de adxudicación: 16.9.2015.

b) Data de formalización: 16.11.2015.

c) Contratista: Management, Outplacement, Administration, S.A.

d) Importe de adxudicación: 216.900 € IVE incluído importe da parte fixa: 126.900 € máis IVE e importe da parte variable: 90.000 € máis IVE.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica