Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20578

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre emprazamento de persoal en distintos procedementos.

Tendo sido interpostos por Iria Mª Álvarez Canella, por Confederación Intersindical Galega e por Pergentino Martínez Pampillón recursos contencioso-administrativos nº 168/2016 P.A., nº 201/2016 P.A. e nº 215/2016 P.A. respectivamente, contra o acordo da Xunta de Goberno local do 3 de febreiro de 2016 que declara caducada a oferta de emprego público correspondente aos anos 2010/2011 (2ª fase), que se están a tramitar perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, por medio deste anuncio, e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 47.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, na redacción dada pola Lei 13/2009, do 3 de novembro, de reforma da lexislación procesual, emprázanse os posibles interesados que desexen comparecer nos procesos indicados.

Vigo, 28 de abril de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal