Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación da colaboración na xestión recadatoria.

Anúnciase o procedemento aberto para a contratación de servizos de colaboración integral na xestión recadatoria do concello de Vigo, mediante sistemas de cobro: presencial, autoservicio e telemático, así como a prestación de servizos bancarios de pagamentos e apertura dunha oficina institucional.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Tesourería. Expediente: 16026-541.

2. Obxecto do contrato: descrición: a colaboración integral na recadación dos ingresos patrimoniais e de dereito público do Concello de Vigo, e, de ser o caso, dos seus organismos autónomos dependentes, mediante a súa centralización na entidade financeira adxudicataria.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 4 anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: non terá custo con cargo ao orzamento municipal. O canon anual mínimo que aboará a oficina institucional fíxaxe en 6.000 euros IVE incluído, que pode ser mellorado á alza polos licitadores nas súas ofertas.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira, técnica e profesional: os licitadores deberán ser entidades de crédito, españolas ou estranxeiras, autorizadas para operar en España, que cumpran co ratio core capital acordado por Basilea III (cet1). Deberán acreditar o cet1 con base as súas contas anuais do ano 2015, e serán responsables da veracidade da súa declaración. b) Habilitación profesional: os licitadores deberán ser entidades de crédito autorizadas para operar en España. Esta circunstancia acreditarase mediante a achega de documento acreditativo da súa inscrición no correspondente rexistro de entidades do Banco de España.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 25 de abril de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación