Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20579

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación da xestión da Escola Municipal de Música Tradicional.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Expediente: 17498-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión parcial, desenvolvemento e impartición de docencia para as actividades de formación en música tradicional que o Concello de Vigo programa anualmente a través da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-TRAD).

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 2 anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 434.669,92 euros (contrato exento de IVE).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes, por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: se anunciará no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 3 de maio de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación