Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20500

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (759/2015).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 759/2015 P

Procedemento de orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: Víctor M. Fernández Sampedro

Avogada: Rosa Vila Amarelle

Demandados: Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Fondo de Garantía Salarial

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 759/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor M. Fernández Sampedro contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 82/2016

Despedimento/cesamentos en xeral 759/2015

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada XAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 759/2015 sendo parte neste, como demandante, Víctor Manuel Fernández Sampedro, asistido pola letrada Sra. Vilas Amarelle, e, como demandada, a empresa Cía. de Protección y Vigilancia de Galicia, S.A., en descoñecido paradoiro, sobre despedimento disciplinario pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte

Resolución:

Que estimando a demanda formulada por Víctor Manuel Fernández Sampedro fronte a Cía. de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa a que o indemnice coa cantidade de 2.388,34 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 45,71 euros/día; así como a aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento (25.8.2015) ata a data desta sentenza, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o TSXG, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na Conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada XAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Publicación: lida e publicada foi a presente sentenza pola Sra. maxistrada xuíza que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza