Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de maio de 2016 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 82/2016, no expediente de reposición da legalidade PON/36/2015, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 82/2016, interposto por Francisco Martínez Duarte, contra a Resolución do 22 de xaneiro de 2016, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/36/2015, pola que declara ilegalizables as obras de construción dunha edificación cunha planta de altura, con forxado unidireccional de viguetas e bovedillas de formigón apoiadas en pórticos de formigón armado, no lugar das Ribocias, 30, San Clemente de Cesar, concello de Caldas de Reis, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Carmen Casal Riveiro para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística