Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0311/2015-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0311/2015-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 13 de maio de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0311/2015-PPM.

Persoa interesada: Alfonso Quintáns Varela.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Feáns, 42-2, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0328/2015-PPM.

Persoa interesada: Lucía Vilar Mahía.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida de Fonteculler, 7, 4º B, A Coruña.