Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20359

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1100/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1100/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Fernández Neira contra Electro Sanxurxo, S.L. sobre despedimento, foi ditada a resolución do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña.

Sentenza: 288/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1100/2015.

Demandante: José Antonio Fernández Neira.

Letrado: Sr. Padín Viaño.

Demandada: Electro Sanxurxo, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza: 288/2016.

A Coruña, 2 de maio de 2016.

Decido:

1. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por José Antonio Fernández Neira contra Electro Sanxurxo, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á escolla da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, é a seguinte:

– En concepto de indemnización, e se a empresa optar por ela, a cantidade de 34.140,15 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 53,24 euros/día.

3. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Electro Sanxurxo, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza