Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20327

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 12 de maio de 2016 pola que se modifica un dos ficheiros creados na Orde do 1 de decembro de 2010 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos que os fagan susceptibles de tratamento, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20 da devandita lei disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente, e no seu punto segundo establécense as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación e modificación daqueles.

Para dar cumprimento a este precepto publicouse a Orde do 1 de decembro de 2010 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A evolución da actividade administrativa supuxo a modificación do ficheiro que se detalla no anexo da presente orde, o que obriga, conforme a citada Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, á modificación da Orde do 1 de decembro de 2010.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Mediante a presente orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza modifícase o ficheiro de carácter persoal denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», segundo se especifica no anexo.

Artigo 2. Contido

A información exixida para as disposicións de modificación de ficheiros no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e máis no artigo 54 do seu regulamento asociado, aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, está contida no anexo desta orde.

Artigo 3. Finalidade e uso do ficheiro

Os datos de carácter persoal incluídos no ficheiro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza modificado por esta resolución só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo, e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos

Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e nos detallados no anexo. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas, haberá que aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable do ficheiro

A responsabilidade sobre o ficheiro modificado por esta orde correspóndelle á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. No anexo detállase a unidade ante a cal se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan no ficheiro.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade

O ficheiro modificado por esta orde atópase clasificado atendendo ao disposto nos artigos 80 e seguintes do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) do dito ficheiro.

O titular do órgano responsable deste ficheiro adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO
Modificación dun ficheiro responsabilidade da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións administrativas coa cidadanía, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas ou subvencións, e xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadanía e residentes.

Solicitantes.

Familiares das persoas solicitantes.

Persoas beneficiarias.

Representantes legais.

Representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

A propia persoa interesada ou quen exerza a súa representación legal.

Entidades privadas.

Administracións públicas.

Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos especialmente protexidos: violencia de xénero.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura, sinatura electrónica, número de colexiado.

Datos de características persoais.

Datos de información comercial.

Datos económicos financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de detalle de emprego.

Datos de transaccións.

Datos relativos á comisión de infraccións.

Outros tipos de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma.

Outros órganos da Unión Europea con competencia en xustiza gratuíta.

Órganos xudiciais.

Colexios profesionais.

Outros: Valedor/a do Pobo.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Secretaría Xeral.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Secretaría Xeral.

Nivel do ficheiro

Alto.