Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20311

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación dos servizos de limpeza en edificios e instalacións municipais (expediente 16/16).

Por acordo da Xunta de Goberno Local, o 12 de maio de 2016 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 16/16).

2. Obxecto do contrato: prestación dos servizos de limpeza de edificios e instalacións municipais, dividido en 6 lotes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente/aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 621.726,71 euros (513.823,73 euros máis 107.902,98 euros en concepto de IVE), polo prazo de 2 anos (prorrogable por 2 anos).

5. Garantías: 5 % do importe de adxudicación (sen IVE) en cada lote.

6. Envío do anuncio de licitación ao DOUE: 16.5.2016.

7. Prazo de presentación das proposicións: 25.6.2016.

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

9. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 16 de maio de 2016

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 12.5.2016)
Manuel Carrera Punzón
Alcalde accidental