Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20308

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de sinalización horizontal das vías do termo municipal de Ourense.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2016001133 (ref. 2389).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de sinalización horizontal das vías do termo municipal de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: comezará coa sinatura do contrato e finalizará o 31 de decembro de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 45233221-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: 100 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 21.000,00 euros.

b) Tipo de licitación: importe neto: 21.000,00 euros. IVE: 4.410,00 euros. Importe total: 25.410,00 euros.

5. Garantías exixidas.

Definitiva: 1.050 euros.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 16 (doc. 5) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 16 (doc. 4) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, número 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es.

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, número 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 13 de maio de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde