Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20312

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Casco Vello de Vigo

ANUNCIO de licitación para o servizo de tratamento da praga de térmites subterráneas no núcleo antigo de Vigo.

Unha vez aprobados polo Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, na sesión do día 14 de abril de 2016, os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán a contratación, polo procedemento aberto, para o tratamento da praga de térmites subterráneas na zona alta do núcleo vello de Vigo, mediante o sistema de engados, faise público o expediente e anúnciase a súa licitación:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Consorcio Casco Vello de Vigo.

b) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Consorcio Casco Vello de Vigo.

2º. Domicilio: praza da Princesa, nº 7, 1º.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36202.

4º. Teléfono: 34 986 44 26 38.

5º. Fax: 34 986 44 26 39.

6º. Perfil do contratante: http://consorciocascovellovigo.org/category/licitacions-abertas/

7º. Correo electrónico: info@consorciocascovellovigo.org

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: tratamento da praga de térmites subterráneas na zona alta do núcleo antigo de Vigo, mediante o sistema de engados.

c) Lugar da prestación: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 4 anos.

e) CPA (referencia de nomenclatura): 812911; CPV: 90922000-6.

f) Número de expediente: 70_17/2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares. A oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións.

4. Valor estimado do contrato: 84.000 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 60.000 euros (IVE excluído).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: 0 euros (cero euros).

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. Non procede acreditar clasificación.

8. Presentación de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as proposicións, así como, se é o caso, as solicitudes de participación, xunto coa documentación preceptiva, presentaranse, dentro do prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro Xeral do órgano de contratación indicado (días laborables, de luns a venres), das 9.00 ás 13.30 horas, no lugar e na forma que se indican nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Modalidade de presentación: solicitudes de participación.

c) Lugar de presentación:

1º. Consorcio Casco Vello de Vigo.

2º. Domicilio: praza da Princesa, nº 7, 1º.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36202.

4º. Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Apertura de sobres: ver perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos de publicación de anuncios serán por conta do adxudicatario, cun importe máximo de 1.000 euros.

Vigo, 29 de abril de 2016

O presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo
P.D. (Resolución 2.2.2016)
Alfonso M. Ramos Covelo
Xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo