Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20315

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Casco Vello de Vigo

ANUNCIO de licitación de obras na rúa Subida ao Castelo 12 de Vigo.

Unha vez aprobados polo Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, na sesión do día 14 de abril de 2016, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación das obras de rehabilitación de edificio na rúa Subida ao Castelo 12, en Vigo, faise público o expediente e anúnciase a súa licitación:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Consorcio Casco Vello de Vigo.

b) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Consorcio Casco Vello de Vigo.

2º. Domicilio: praza da Princesa, nº 7, 1º.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36202.

4º. Teléfono: 34 986 44 26 38.

5º. Fax: 34 986 44 26 39.

6º. Perfil do contratante: http://consorciocascovellovigo.org/category/licitacions-abertas/

7º. Correo electrónico: info@consorciocascovellovigo.org

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: o contrato a que se refire o presente anuncio ten por obxecto a execución das obras recollidas no proxecto aprobado pola Administración contratante para a rehabilitación do inmoble situado na rúa Subida ao Castelo 12, de Vigo, así como, se é o caso, as derivadas dos proxectos modificados deste, nos casos previstos e na forma establecida nos artigos 219 e 234 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

c) Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 12 meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45210000-2.

f) Número de expediente: 69-17/2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións.

4. Valor estimado do contrato: 487.206,22 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 406.005,18 euros (IVE excluído).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: 0 euros (cero euros).

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. Non procede acreditar clasificación.

8. Presentación de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as proposicións, así como, se é o caso, as solicitudes de participación, xunto coa documentación preceptiva, presentaranse, dentro do prazo de 26 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro Xeral do órgano de contratación indicado (días laborables, de luns a venres), das 9.00 ás 13.30 horas, no lugar e na forma que se indican nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Modalidade de presentación: solicitudes de participación.

c) Lugar de presentación.

1º. Consorcio Casco Vello de Vigo.

2º. Domicilio: praza da Princesa, nº 7, 1º.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36202.

4º. Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

Apertura de sobres: ver perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos de publicación de anuncios serán por conta do adxudicatario, cun importe máximo de 1.000 euros.

Vigo, 29 de abril de 2016

O presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo
P.D. (Resolución 2.2.2016)
Alfonso M. Ramos Covelo
Xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo