Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20199

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3017/2015).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3017/2015 PM-A

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 167/2015 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: María José Martínez-Fariza Conde

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Plantas Intermedias de Subproductos Cárnicos de Galicia (Pisuga), S.L., José Antonio Rodríguez López

Avogada: Sonia Duarte Lorenzo

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3017/2015 desta sección, seguidos por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Plantas Intermedias de Subproductos Cárnicos de Galicia (Pisuga), S.L., sobre accidente de grao, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da Mutua Gallega contra a sentenza do 15 de abril de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Ourense, en proceso sobre incapacidade, promovido pola mutua recorrente, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Pisuga, e o traballador José Antonio Rodríguez López debemos confirmar e confirmamos a sentenza obxecto de recurso.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 o 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Plantas Intermedias de Subproductos Cárnicos de Galicia (Pisuga), S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza