Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de maio de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación e o prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade LUL/6/2016-RP1 xunto co nomeamento dunha nova instrutora, devolto polo servizo de Correos por resultaren ausentes os seus destinatarios.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 22 de marzo de 2016, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Areoura, no termo municipal de Foz, provincia de Lugo.

O 31 de marzo de 2016 o director da Axencia acorda, por cuestións organizativas e de xestión, o nomeamento dunha nova instrutora no expediente de referencia.

Ao non se poder realizar as notificacións persoais dos acordos aos herdeiros de Jesús Varela Villamor e a Rosa María Varela Villamor, mediante a presente cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados os devanditos acordos mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, os actos non se publican na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro dos acordos que se notifican encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, as notificacións entenderanse producidas.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretendan valer.

Para que conste e lles sirvan de notificacións aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística