Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de maio de 2016 pola que se notifica a orde de suspensión de obras ditada no expediente LUL/6/2016-S1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 22 de marzo de 2016, resolución pola que se ordena a suspensión inmediata das obras que se executan na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, sen autorización do órgano competente en materia de costas, consistentes na execución dunha urbanización, composta por nove edificacións con tipoloxía de vivenda unifamiliar sen acabar e por unha pista sen asfaltar que dá acceso ás ditas vivendas, situadas no lugar de Areoura, no termo municipal de Foz, provincia de Lugo.

Ao non se poder realizar a notificación persoal desta resolución a Rosa María Varela Villamor e aos herdeiros de Jesús Varela Villamor, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro das resolucións que se notifican encóntranse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo as notificacións entenderanse producidas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poderán interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística