Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20161

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a Asociación Jacobea de Almería Camino Mozárabe no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos.

A Asociación Jacobea de Almería Camino Mozárabe, con domicilio social na avda. Pablo Picasso nº 2 de Alhama, en Almería, representada por Mª Mercedes Murillo Pravia, solicitou ser inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 26 de abril de 2016.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que, para a súa inscrición no rexistro, as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste.

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 3 de maio de 2016 sobre a solicitude, no cal se constata que a Asociación Jacobea de Almería Camino Mozárabe persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febrero. Por iso,

RESOLVO:

Que a Asociación Jacobea de Almería Camino Mozárabe quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 212.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2016

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura