Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 275/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 275/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María González Pasache contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A.; Ceres Gestión Empresarial, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 15/2016.

Despedimento número: 275/2015.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 275/2015, promovidos ante este Xulgado do Social sobre resolución de contrato e cantidade, por instancia de Ana María González Pasache, asistida pola letrada Natalia Erviti Álvarez contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non comparece; contra Ceres Gestión Empresarial, S.L., que comparece asistida e representada pola letrada María Belén Rodríguez Lago, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza:

Resolución:

Que debo aceptar e acepto parcialmente a demanda presentada por Ana María González Pasache contra Ceres Gestión Empresarial, S.L. e Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e, en consecuencia:

Primeiro. Declaro extinguida a relación laboral que vincula a demandante con ambas as dúas demandadas na data da presente resolución por causa imputable ao empresario e condeno solidariamente as demandadas ao aboamento dunha indemnización de 4.460,75 euros.

Segundo. Condeno solidariamente as demandadas a aboarlle á demandante 11.929,2 euros polos salarios percibidos desde febreiro de 2014 a xullo de 2015, ambos os dous inclusive, cantidade que se incrementará cos intereses do artigo 29.3 do ET.

Terceiro. Dáse a parte demandante por desistida do pronunciamento contido no punto segundo do escrito de aclaración da demanda do 1 de xuño de 2015.

Cuarto. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso segundo da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza