Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19995

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de posto de traballo para cubrir 1 (unha) praza mediante contrato temporal de remuda ao 75 % da xornada.

– 1 praza de policía portuario/a-concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.com e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo; Praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberanse presentar no prazo de 7 (sete) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, este finalizará o seguinte día hábil ás 14.00 horas.

Vigo, 12 de maio de 2016

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo