Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19996

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria para a constitución dunha bolsa de traballo.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para constituír, mediante concurso-oposición, unha bolsa de traballo destinada a cubrir as necesidades de contratación temporal na ocupación de policía portuaria.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo; Praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberanse presentar no prazo de 10 (dez) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este rematará o seguinte día hábil.

Vigo, 12 de maio de 2016

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo