Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2016/374-1).

Expediente: IN407A 2016/374-1.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación: LMTA 20 kV A CSM Vilamaior e derivada a Granitos Xallas.

Concello: Santa Comba.

Características técnicas:

– Tramo 1: LMTA a 20 kV, de 264 m e condutor tipo LA-56 mm2, con orixe no apoio nº 1 (127-50-A12 UFD) e final no apoio nº 3 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– Tramo 2: LMTS a 20 kV, de 27 m e condutor tipo RHZ1-2OL 3×1×240 mm2 Al, con orixe no apoio nº 3 e final no CSM proxectado.

– Tramo 3: LMTS a 20 kV, de 196 m e condutor tipo RHZ1-2OL 3×1×240 mm2 Al, con orixe no CSM proxectado e final no apoio nº 4 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– Tramo 4: LMTA a 20 kV, de 495 m e condutor tipo LA-56 mm2, con orixe no apoio nº 4 e final no apoio nº 7 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– Tramo 5: LMTA a 20 kV, de 432 m e condutor tipo cc×47 AL1 mm2, con orixe no apoio nº 7 e final no apoio nº 10 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– Tramo 6: LMTA a 20 kV, de 842 m e condutor tipo LA-56 mm2, con orixe no apoio nº 10 e final no apoio nº 15 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– Derivada a Granitos Xallas: LMTA a 20 kV, de 647 m e condutor tipo LA-56 mm2, con orixe no apoio nº 15 e final no apoio nº 20 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– CSM en envolvente prefabricado de formigón con 5 celas:

(2L(CML)+1P(CMV)+1M(CMM)+1P(CMP) con illamento e corte en SF6.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 5 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña