Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19862

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Administración e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSIF sobre o incremento de prazas para a OPE de 2016 na promoción interna para o persoal laboral da Xunta de Galicia, o incremento da promoción interna das prazas acumuladas da OPE 2015 nos procesos da OPE de 2016 e a quenda específica de discapacidade intelectual.

Visto o texto do acordo entre a Administración e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSIF, subscrito en data do 24 de febreiro de 2016, sobre o incremento de prazas para a OPE de 2016 na promoción interna para o persoal laboral da Xunta de Galicia, o incremento da promoción interna das prazas acumuladas da OPE 2015 nos procesos da OPE de 2016 e a quenda específica de discapacidade intelectual, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acordo Administración e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSIF sobre o incremento de prazas para a OPE de 2016 na promoción interna para o persoal laboral da Xunta de Galicia, o incremento da promocion interna das prazas acumuladas da OPE 2015 nos procesos da OPE de 2016 e a quenda especifica de discapacidade intelectual

1. A oferta de emprego público (OPE) correspondente ao ano 2016 para o persoal laboral da Xunta de Galicia pola quenda de acceso libre está baseada nos criterios establecidos no artigo 13, da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autonoma de Galicia para o ano 2016 (DOG do 31 de decembro) en relación á normativa básica estatal, comprendendo as prazas seguintes:

Persoal laboral

Cupo xeral

Persoas con discapacidade xeral

Total prazas

Grupo IV. Categoría 003. Auxiliar de enfermaría

64

6

70

Grupo IV. Categoría 033. Condutor/a autobomba defensa contra incendios forestais

30

30

Grupo V. Categoría 001. Camareiro/a-limpador/a. Axudante/a de cociña

69

7

76

Grupo V. Categoría 10B. Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

10

10

Grupo V. Categoría 10C. Emisorista de defensa contra incendios forestais

10

10

Grupo V. Categoría 014. Peón/oa defensa contra incendios forestais

22

22

Grupo V. Categoría 14A. Peón/oa condutor de defensa contra incendios forestais

22

22

2. O artigo 20.un.4. in fine da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016 (BOE do 30 de outubro) establece:

«Non computarán dentro do límite máximo de prazas derivado do límite máximo da taxa de reposición de efectivos aquelas prazas que se convoquen para a súa provisión mediante procesos de promoción interna».

3. O artigo 9.4 do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG do 3 de novembro de 2008) establece:

«As vacantes non cubertas por esta quenda acumularanse á quenda de acceso libre».

4. A Consellería de Facenda e as organizacións sindicais membros da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos e da Comisión de Persoal da Xunta de Galicia, conscientes tanto da necesidade de ofertar un maior número de postos de traballo destas categorías para a súa cobertura en destino definitivo, como tamén de fomentar a promoción interna do persoal laboral e coa finalidade establecida na disposición adicional décimo primeira do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia,

ACORDAN:

Primeiro. Deixar sen efecto, para as convocatorias derivadas da OPE para o ano 2016 do persoal laboral, así como para as prazas acumuladas aos procesos da dita OPE –que se concreta en 26 prazas de auxiliar de clínica–, o punto 4 do artigo 9 do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, que queda establecido do seguinte xeito:

«Para a OPE de 2016 as vacantes non cubertas pola quenda de promoción interna non se acumularán ás de acceso libre».

Segundo. A dita previsión posibilita o incremento ao dobre das prazas de persoal laboral da OPE de 2016 e o dobre das acumuladas do mesmo tipo de persoal de 2015 ás do ano 2016, tal como queda reflectido no anexo.

Terceiro. Acórdase ofertar para discapacidade intelectual, mediante unha quenda específica, seis postos da OPE de 2015 sen a previsión de que haxa promoción interna.

Cuarto. A Administración comprométese a ofertar na OPE 2017, dentro do establecido na lexislación básica, postos das categorías de persoal laboral das categorías máis numerosas nos cales haxa unha maior temporalidade.

Quinto. A Administración comprométese a convocar e resolver definitivamente un concurso de traslados para o persoal laboral fixo dos grupos IV e V, segundo o establecido no V Convenio colectivo único, antes da toma de posesión do novo persoal das categorías convocadas na OPE de 2016.

ANEXO
Prazas correspondentes á oferta para o ingreso nas categorías
de persoal laboral no ano 2016

Acceso libre

Persoal laboral

Cota xeral

Persoas con discapacidade xeral

Persoas con discapacidade intelectual

Total prazas

Grupo IV. Categoría 003. Auxiliar de enfermaría

64

6

70

Grupo IV. Categoría 033. Condutor/a autobomba defensa contra incendios forestais

30

30

Grupo V. Categoría 001. Camareiro/a-limpador/a. Axudante/a cociña

69

7

76

Grupo V. Categoría 10B. Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

10

10

Grupo V. Categoría 10C. Emisorista de defensa contra incendios forestais

10

10

Grupo V. Categoría 014. Peón/oa defensa contra incendios forestais

22

22

Grupo V. Categoría 14A. Peón/oa condutor de defensa contra incendios forestais

22

22

Total

227

13

240

Promoción interna

Persoal laboral

Cota xeral

Persoas con discapacidade xeral

Persoas con discapacidade intelectual

Total prazas

Grupo IV. Categoría 003. Auxiliar de enfermaría

87

9

96

Grupo IV. Categoría 033. Condutor/a autobomba defensa contra incendios forestais

30

30

Grupo V. Categoría 001. Camareiro/a-limpador/a. Axudante/a cociña

69

7

76

Grupo V. Categoría 10B. Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

10

10

Grupo V. Categoría 10C. Emisorista de defensa contra incendios forestais

10

10

Grupo V. Categoría 014. Peón/oa defensa contra incendios forestais

22

22

Grupo V. Categoría 14A. Peón/oa condutor de defensa contra incendios forestais

22

22

Total

250

16

266

Total oferta

477

29

506