Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2015/209-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e CT Cunchidos.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 77 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo para realizar no apoio existente
CH-2500/20 que entronca coa LMT LOZ807B Marín Mouta 7, no seu tramo LOZ807B1338, e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na parcela denominada Cuncheira, lugar de Cunchidos, Lourizán, Pontevedra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Non procede declarar a utilidade pública da instalación eléctrica xa que se dispón de título hábil para a disposición dos terreos precisos para a súa instalación e funcionamento. En todo caso, podería solicitarse no futuro a dita declaración para o caso en que tal título habilitante se extinga e poida invocarse a necesidade de obter a dispoñibilidade dos terreos mediante o exercicio da potestade expropiatoria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 del Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 26 de abril de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra