Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento, evolución e soporte especializado de diversos sistemas de tramitación da Administración pública galega (expediente 13/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de mantemento, evolución e soporte especializado de diversos sistemas de tramitación da Administración pública galega.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 20.1.2016.

DOUE: 15.1.2016.

BOE: 28.1.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 2.231.400,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 929.750,00 € máis 195.247,50 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.124.997,50 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7.4.2016.

b) Data de formalización do contrato: 9.5.2016.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación: 1.102.497,55 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia