Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 25 de abril de 2016, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do dominio público portuario do porto de Foz por parte de Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (BEGASA), con destino á instalación dunha liña de baixa tensión para fornecemento a instalacións portuarias e lindeiras co porto.

Fernando Campos Risco, actuando en nome e representación de Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (BEGASA), presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro de dominio público portuario do porto de Foz, con destino á instalación dunha liña de baixa tensión para fornecemento a instalacións portuarias e lindeiras co porto.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de abril de 2016

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte