Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 9 de maio de 2016 pola que se notifica resolución de expediente de incautación da embarcación Caridbys depositada en seco no porto de Ribadeo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Juan Manuel García Medina, con último domicilio coñecido en rúa de los Mártires, 18, portal 2, baixo C, de Boadilla del Monte (Madrid), Resolución do presidente de Portos de Galicia do 8 de abril de 2016, que decreta a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Caridbys, con folio 7ª-SS-1-115-91, depositada no porto de Ribadeo, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese unha vez que se decretou a caducidade da autorización temporal para o uso da praza de atracada número P7-24E das instalacións náutico-deportivas do porto de Ribadeo por falla de aboamento de taxas e, na súa virtude, retirouse a embarcación da lámina de auga e, unha vez que no BOE nº 28, do 2 de febreiro de 2016, se publica o acordo de inicio de expediente sen que conste a presentación de alegacións, con base no establecido no artigo 20 do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

A incautación implica que Portos de Galicia vai proceder ao alleamento da embarcación de acordo e cos efectos establecidos nos anteriores fundamentos. De non ser factible o alleamento en atención ao estado de conservación da embarcación, ou no caso de quedar deserta a venda, Portos de Galicia poderá proceder a trasladar a embarcación a vertedoiro autorizado. Todos os custos que isto implique serán por conta do propietario.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º, de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia