Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 9 de maio de 2016 pola que se notifica resolución de expediente de incautación da embarcación Bergamota depositada en seco no porto de Ribadeo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á mercantil J.M. Pascual Arias, S.L. con último domicilio coñecido en Heras de Móstoles, 10, 1º B, de Villanueva de la Cañada (Madrid), Resolución do Presidente de Portos de Galicia do 8 de abril de 2016, que decreta a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Bergamota, con folio 6ª-65-4-1-03, depositada no porto de Ribadeo, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese unha vez que se decretou a caducidade da autorización temporal para o uso da praza de atracada número P9-15E das instalacións náutico-deportivas do porto de Ribadeo por falla de aboamento de taxas e, na súa virtude, retirouse a embarcación da lámina de auga e, unha vez que no BOE nº 28, do 2 de febreiro de 2016, se publica o acordo de inicio de expediente sen que conste a presentación de alegacións, con base no establecido no artigo 20 do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde Ministerial do 12 de xuño de 1976.

A incautación implica que Portos de Galicia vai proceder ao alleamento da embarcación de acordo e cos efectos establecidos nos anteriores fundamentos. De non ser factible o alleamento en atención ao estado de conservación da embarcación ou, no caso de quedar deserta a venda, Portos de Galicia poderá proceder a trasladar a embarcación a vertedoiro autorizado. Todos os custos que isto implique serán por conta do propietario.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º, de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia