Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 20 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños (expediente 4/2016).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 89, do 11 de maio de 2016, transcríbese a seguir co fin de proceder á súa rectificación:

Na páxina 18146, no sumario, onde di: «Resolución do 20 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños (expediente 4/2016)», debe dicir: «Resolución do 20 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños (expediente 4/2016). Procedemento cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, nun 75 %».

Na páxina 18147, no punto 4. Orzamento de licitación. Onde di: «Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca –FEMP–, nun 75 % (eixe/medida 5.3.1)», debe dicir: «Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca –FEMP–, nun 75 % (eixe/medida 5.1.3: medidas de comercialización)».